CulturaCultura

Ses colga o cartel de “completo” no Teatro Principal para esta noite

A cantareira bergantiñá vén presentar o seu novo disco “Oporte á extinción” que o define como “a síntese da honestidade, a lucidez e a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta”
Ses en concerto.

O Teatro Principal quenta motores para recibir esta tarde, ás 20.30 horas, o concerto de Ses, unha das grandes artistas do panorama galego. Esta cantante coruñesa vén a Ourense para presentar o seu último traballo: “Opoñerse á extinción”. Segundo informaron dende o Teatro Principal, a só unha semana do concerto, houbo que colgar o cartel de “completo” xa que as entradas vendéronse practicamente soas.

Con respecto ao novo álbum, Ses vén ao Principal de Ourense logo de estrear en directo en con dous concertos consecutivos, un no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e outro en Narón, nos que colgou tamén o cartel de completo.

“Oporte á extinción” é o cuarto álbum da cantante bergantiñá e consta de once temas. Segundo as críticas, este novo disco arrecende a “forza, inconformismo e paixón”. A propia cantante define así o seu disco: “é a síntese da actitude que amosa o disco, a honestidade, a lucidez e tamén a rabia de sabernos en vías de desaparición inminente e inxusta, mais coa forza, orgullo e o vitalismo de quen non asume o auto odio que tentan inculcarlle. Creo que é un traballo humilde, sincero e profundamente namorado da cultura á que pertence, é un disco de amor” .

Este novo traballo continúa na liña dos dous discos anteriores, cunha onda eléctrica que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana, pero atrevéndose desta volta con novas sonoridades e deixando máis espazo para a cantareira que hai no seu interior.

Artigos relacionados

Back to top button