EconomíaEconomíaÚltima hora

Sesion bartender e concerto de En Mala Hora en La Maltería, no Barco

Imaxe do cartaz anunciador do concerto de En Mala Hora en La Maltería do Barco.
Imaxe do cartaz anunciador do concerto de En Mala Hora en La Maltería do Barco.

Dobre cita en La Maltería na vindeira fin de semana. O venres 16 de setembro neste establecemento barquense de hostalaría está prevista unha nova sesión de Bartender Gin Tonic Premium a partires das 23:30h. E, ao día seguinte, sábado 17, este local, situado na céntrica praza Andrés de Prada, será escenario dun concerto do grupo En Mala Hora. Esta banda fai versións de temas do pop e rock nacional e internacional. Está formado por Toño Varela (voz e guitarra), David Quintas (guitarra e voces), David Cid (baixo e voces) e Miguel Failde (batería).

Artigos relacionados

Back to top button