CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Sesión de pintura na Aula de Verán, na Rúa

Os alumnos do obradoiro pintaron un vistoso mural coordinados polo artista José Luis Prieto “Lili”

Un mural con gran simbolismo. Un tren cargado de mensaxes. A locomotora conducida polo “corazón”, un vagón para a vida sana, outro para a autoestima, outro interracial, un cuarto para o medio ambiente e o quinto e último para “vivir e disfrutar do momento”.

É a gran pintura que dende hoxe decora e dá cor á parede lateral do Centro de Saúde da Rúa. Os autores, os preto de vinte alumnos de entre 7 e 16 anos da Aula de Verán que dirixen e imparten Laura e Elvira Fernández, filla e nai promotoras do proxecto educativo baseado nas emocións, InCrescendo Colectivo.

Para a elaboración do mural que realizaron nas mañás do 11 e 12 de xullo, contaron coa colaboración e coordinación do artista local José Luis Prieto “Lili” quen demostrou, non só ter boa man cos pinceles e a pintura, senón tamén cos cativos.

A Aula de Verán na Rúa continúa ata o 15 de xullo, permanecendo aberta a inscrición para a do Barco de Valdeorras que se desenvolverá entre o 18 e o 22 de xullo.

Fotos: Mónica G. Bellver

Máis información sobre InCrescendo Colectivo nos seguintes enlaces:
https://osil.info/aulas-de-veran-en-valdeorras/
https://www.facebook.com/increscendo.colectivo/?fref=ts

Artigos relacionados

Back to top button