ConcellosÚltima hora

Sesión plenaria para sortear os membros das mesas electorais no Barco

Asistentes á sesión plenaria celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Asistentes á sesión plenaria celebrada no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Na mañá do 23 de novembro a Corporación municipal barquense reuníase nunha sesión plenaria extraordinaria co fin de realizar o sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais coas que contará este concello nas vindeiras eleccións xerais do 20 de decembro.

Durante a sesión, que estivo presidida por Aurentino Alonso como alcalde en funcións do Barco, levouse a cabo o sorteo “mediante o programa informático facilitado pola oficina do Censo Electoral, de tal forma que para cada membro da mesa sairán elixidos ata nove electores”. En total O Barco contará con 17 mesas electorais nos vindeiros comicios.

Aurentino Alonso, alcalde en funcións, dando lectura aos nomes dos membros das mesas designados tras o sorteo./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Aurentino Alonso, alcalde en funcións, dando lectura aos nomes dos membros das mesas designados tras o sorteo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button