Galerías de fotosÚltima hora

Sesión vermú ao ritmo de cumbias e pasodobres con Habana Vieja, no paseo do Malecón do Barco

Moi animada estivo a Feira de Valdeorras na mañá do domingo 9 de setembro. Sobre todo en torno ao mediodía coa actuación do grupo ponferradino Habana Vieja, que puxo ritmo á sesión vermú ao son de cumbia e pasodobres.

A mostra, na que participan unha vintena de expositores, entre eles varios colectivos sociais (Cruz Vermella, AECC) e asociacións, abrirá de novo as portas pola tarde, poñendo o broche o festival musical de grupos locais previsto para as 19h. coa actuación do Orfeón Valdeorrés e Miguel Arias, xunto a formacións tradicionais da Escola Municipal de Música, coa participación da escola de danza Bayadère.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button