ConcellosO BarcoÚltima hora

Sesión vermú ao ritmo de Los Claretes, na pravia fluvial do Barco

 

Aínda que nun formato diferente, sen orquestras, chiringuitos e fogos articiais, O Barco de Valdeorras está inmerso nas Festas do Cristo 2021, cun programa cultural que arrancaba onte coa lectura do pregón e que se estenderá ata o martes 14 de setembro, Día do Cristo.

Así, na mañá deste sábado día 11 inaugurábase a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico e no mesmo recinto, na praia fluvial barquense, actuaban o Mago Paco e Los Claretes. Estos últimos eran os encargados de amenizar a sesión vermú, aínda que con certo retraso sobre a hora prevista no programa, cunha actuación á beira do Sil.

 

Tomando o vermú á beira do río, no Barco.

 

A banda coruñesa de versións formada por Richi García (voz e guitarra), Fernando Pardiño (guitarra solista), Luis Fuca (baixo) e Gonzalo Mecha (batería), conquistou ao público coas súas versións de míticas bandas de rock internacional como Rolling Stones, The Beatles, David Bowie, Bruce Springsteen ou AC/DC, pero tamén nacional como Loquillo, Burning ou El Último de la Fila. Un contundente repertorio no que non faltan éxitos como Burning Love de Elvis Presley, Highway to Hell de AC/DC ou Purple Rain de Prince.

E mentres os músicos tocaban, algúns dos asistentes aproveitaban para tomar unha copa de viño ou unha cervexa, e degustar un aperitivo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button