Especial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

Sesión vermú coa Banda da Balbina á beira do Sil

A zona food trucks “Rilla no Barco” animábase no mediodía do 10 de setembro co ritmo deste grupo galego

A beira do Sil, nas proximidades do campo da festa do Barco, acolle dende a noite do 9 de setembro a zona food trucks “Rilla no Barco” no marco das festas do Cristo. No mediodía o 10 de setembro o ambiente animábase nela ao ritmo da Banda da Balbina. Nesta zona, que reúne a unhas dez furgonetas de comida, poden degustarse propostas moi diferentes que van dende a pizza ou os bocadillos ata pratos xaponeses ou mexicanos.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button