CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Sesión vermú entre rumbas con Sito Trío, no Barco

 

Dende a rumba catalá e flamenca a temas do pop español. Sito Trío poñía son e moito ritmo ao mediodía do 13 de setembro no Barco. Este trío acústico valdeorrés de guitarra e percusión (formado por Sito, Santiago e Berna) atrapaba dende o primeiro momento ao público nunha intensa sesión vermú que comezaba arredor das 13h. no Paseo do Malecón (nas proximidades de Correos).

Esta actuación forma parte do programa Terrasón, promovido polo Concello do Barco neste verán, e tamén do programa “O Cristo 2020”.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button