CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Sesión vermú en Trives ao ritmo das Macizas Centrais

A súa actuación formaba parte dos actos da IX Mostra do Patrimonio Inmaterial, que na mañá do domingo incluía tamén actividades infantís

Continúa desenvolvéndose a IX Mostra do Patrimonio Inmaterial de Trives. Ás once da mañá do domingo reabría as súas portas o mercado de artesanía no casco vello da vila. Eran moitas as persoas que percorrían os seus variados postos.

Ao mesmo tempo, ás 12h. poñíase en marcha unha serie de actividades infantís baixo o título de “Máis que Brincos”. Entre elas había un obradoiro de pintacaras, de tatuaxe e outro de globoflexia, que facían as delicias dos máis pequenos.

Xa a partires das 13:30h. o mercado anímabase ao ritmo tradicional das Macizas Centrais, nunha sesión vermú na que non faltaba o baile.

Pola tarde os actos continuarán cun desfile de folións e, xa ás 22:30h., porase o broche ao programa da mostra co concerto de Son do Sil na praza do Reloxo. A mostra está sendo organizada pola Asociación Cultural A Caniceira.

Fotos: AC A Caniceira.

Artigos relacionados

Back to top button