OurenseÚltima hora

Sesións de contacontos en varias bibliotecas de Ourense durante agosto e setembro

Serán nos barrios da Ponte, A Carballeira e San Francisco e comezan o 7 de agosto

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A cidade de Ourense acollerá, durante os meses de agosto e principios de setembro, sesións de contacontos dirixidos aos cativos e enmarcados dentro do progama “Ler conta moito”, que organiza a Xunta de Galicia en colaboración co Concello. A actividade será nas bibliotecas municipais da Ponte, A Carballeira e San Francisco e busca achegar á mocidade á lectura e ás bibliotecas do Concello.

O número de prazas está limitado para garantir a distancia de seguridade. Tamén será obrigatorio usar a mascarilla sanitaria durante toda a sesión e desinfectar as mans con xel á entrada. As inscricións pódense realizar chamando por teléfono a cada unha das bibliotecas que participan na actividade: A Ponte (988 605 751), A Carballeira (988 253 893) e San Francisco (988 230 124).

Horario de agosto

A Carballeira: venres 7 con “O libro vivo” e luns 31 con “O mago Albert ten moito conto”, ás 11:30h.

A Ponte: martes 11 con “Isto non é unha caixa” e o martes 18 con “Carabranca”, nos dous casos ás 11:30h.

San Francisco: martes 25 con “A festa dos monicreques”, ás 11:30h.

Horario de setembro

A Ponte: martes 1 con “Os soños na gailoa”

San Francisco: xoves 3 con “Naturizo e o espírito do bosque”

Artigos relacionados

Back to top button
Close