OurenseÚltima hora

Sesións de Taichi do 16 ao 27 de xullo no Xardín do Posío, en Ourense

José Gago, mestre internacional con mais de 35 anos de experiencia no ensino, será o encargado de impartir as clases
Presentación das sesións de Taichi, no Concello de Ourense.

Relaxar mente e corpo eliminando tensións musculares ao tempo que fortalece, tonifica e conecta as cadeas musculares de todo o corpo, segundo explica o mestre internacional na materia, José Gago, son algúns dos beneficios do Taichi. “A través de diferentes técnicas de respiración e dun adestramento funcional, produce ademais unha mellora notable da postura corporal”, engade Gago. Mestre internacional con máis de 35 anos de experiencia no ensino e recoñecido polo Taichi College da Universidade de Handan, de China, será o encargado de impartir os cursos que do 16 ao 27 de xullo se desenvolverán en Ourense.

O Taichi, arte milenaria chinesa, volve así ao Xardín do Posío no mes de xullo. Será durante as dúas vindeiras semanas, de luns a venres, de 8 a 9 horas, con asistencia libre e gratuíta, sen límite de idade ou condición física.

A actividade, que conta co apoio da Concellería de Deportes de Ourense, aposta por dinamizar os hábitos de vida saudables, pero tamén por estimular as relacións entre persoas de diferente idade, cultura ou educación. O Taichi está indicado para todas as idades, xa que adapta a súa intensidade a calquera idade e condición física, estando especialmente indicado para eliminar o estrés, tonificar os músculos do corpo, mellorar a capacidade funcional dos órganos, diminuir o risco de enfermidades cardiovasculares, fortalecer e equilibrar as zonas lumbares e abdominais, ou aumentar a densidade ósea para previr a osteoporose.

Artigos relacionados

Back to top button