EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Sete adegas ruesas presentarán os seus viños na XVIII Feira Iberovinac en Almendralejo

Esta nova edición do Salón do Viño e da Oliva celebrarase do 12 ao 14 de novembro nesta localidade estremeña, irmanada coa Rúa

 

Un tinto valdeorrés./ Foto: Mónica G. Bellver.

As referencias dun total de sete adegas ruesas, amparadas pola Denominación de Orixe Valdeorras, presentarase no XVIII Salón do Viño e da Oliva, Iberovinac, que se desenvolverá do 12 ao 14 de novembro en Almendralejo (Estremadura).

Trátase das adegas A Coroa, Alán de Val, Cooperativa Virxe das Viñas, Joaquín Rebolledo, Melillas, Quinta da Peza e Sampayolo. Cada unha delas levará ao certame dúas marcas de viño para amosalo na feira e tamén estarán presentes nunha cata presentación dos viños valdeorreses. Un caso particular será o da adega Sampayolo que en lugar de viño levará o seu vermú. Esta actividade terá lugar na tarde do luns 12 de novembro e nela participará un grupo dunhas 25 persoas, entre expertos e público xeral.

“O Concello da Rúa estará presente neste evento a través do Irmanamento coa localidade de Almendralejo. Nesta ocasión estas sete adegas presentarán alí os seus viños e outras elaboracións para dalas a coñecer a catadores e distribuidores nacionais e internacionais”, indica Luis Fernández Gudiña, alcalde da Rúa.

 

Artigos relacionados

Back to top button