CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sete grupos participarán na IV Foliada e Cantos de Taberna da Festa do Botelo

O percorrido muscial será este sábado por A Fábrica, Divino Paseo, A Pampa, Bajo 5, Al Natural, Veira Sil, O Buraco, San Mauro e Chanfainas
Os Corenta e Chinco Boys xa actuaron o ano pasado. /Foto: Carlos G. Hervella.

Por cuarto ano consecutivo, a música será outro dos ingredientes da Festa do Botelo do Barco, prevista para este sábado. Así dentro do programa desta XIX edición incluirase a IV Foliada e Cantos de Taberna coa participación de sete grupos.

Entre eles estarán Os Parranda do Barco e comarca e Os Tabernícolas de Viana do Bolo. Tamén amenizarán os locias de hostalaría da vila, Os Corenta e Chinco Boys e Os Somontanos da Pobra do Brollón; Os Palletas de Quiroga; Foliada de Bosende, da aldea do mesmo nome preto de Lugo; e Os do Venres que veñen de Madrid e dos que forman parte os irmáns Eceiza Rodríguez, de orixe valdeorresa.

A partir das 13:30 horas, ao finalizar o pregón no Teatro Lauro Olmo, todos eles farán un percorrido musical ata o pavillón de Calabagueiros onde tamén animarán o xantar e a sobremesa. Xa pola tarde, a partir das 19 horas, serán propiamente os cantos de taberna polos nove locais incluídos na ruta: A Fábrica, Divino Paseo, A Pampa, Bajo 5, Al Natural, Veira Sil, O Buraco, San Mauro e Chanfainas.

Artigos relacionados

Back to top button