DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Sete nadadores do Adas nos podios do galego máster de inverno

O club valdeorrés acudía con oito nadadores a esta competición autonómica desputada en Pontevedra nesta pasada fin de semana

 

As piscinas Rías do Sur de Pontevedra acollían os días 14 e 15 de xaneiro o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno. Entre os clubs participantes nesta cita estaba o Adas Natación do Barco, que acudía con só oito nadadores “por culpa de distintas coincidencias e mala sorte”, segundo o club.

Aínda así o balance que fan é positivo, “os resultados individuales obtidos foron francamente bos nas súas respectivas categorías”, asegura o Adas Natación. Así dos oito, sete nadadores valdeorreses se subían ao podio neste competición.

 

Fotos: Club Adas Natación.

Resultados do Adas no galego máster de inverno

Beatriz Ríos
100 braza: prata
100 estilos: bronce
50 braza: prata

Eva Goicoechea:
50 mariposa: prata
100 estilos: prata
100 mariposa: bronce

Mara Vidal:
400 libres: bronce
400 est: ouro

Laura Garrido:
100 espalda: prata
400 estilos: ouro
200 libres: ouro

Fernando Rebanal:
50 espalda: ouro
100 espalda: ouro

Benito Quiñones:
400 estilos: bronce

Jorge Espinosa:
50 mariposa: prata
100 estilos: bronce
50 braza: prata
Relevos femeninos +160:
4X50 libres: prata
4X50 estilos: bronce

Artigos relacionados

Back to top button