DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Sexto posto para o equipo feminino do CN Escualos no galego máster de natación

O club ourensán conseguía o 10º posto no campionato de inverno celebrado en Pontevedra

Máis dunha vintena de medallas conseguía o Club Natación Escualos no campionato galego máster de inverno disputado na pasada fin de semana en Pontevedra.

Dun total de 24 clubs galegos, tres deles ourensáns, o Escualos sumaba 380 puntos co que conseguía un meritorio 10º poso na clasificación final  “por diante de clubs moi importantes a nivel galego como CN Riveira, CN Ferrol ou A.D. Fogar “, explican dende Ourense, destacando o alto nivel do campionato “cun gran número de nadadores absolutos”.

Mención especial merece o equipo feminino do CN Escualos que se clasificaba en sexta posición, destacando o salto de calidade do club esta tempada na que duplicaron o número de nadadores federados chegando ás 20 licencias FEGAN.

Artigos relacionados

Back to top button