EconomíaEconomíaÚltima hora

Shiitaki Trives, unha explotación ecolóxica de cogomelos

A delegada da Xunta en Ourense vén de visitar esta iniciativa empresarial trivesa

A delegada durante a visita a esta explotación trivesa.

 

‘Shiitaki Trives’, emprazado no concello da Pobra de Trives, é un dos proxectos beneficiados das axudas da convocatoria deste ano do Programa Emega para o emprendemento feminino, dentro da liña Emprende para por en marcha o negocio e crear emprego. Esta iniciativa empresarial consiste na explotación ecolóxica de cogomelos, concretamente da variedade shiitake, para a súa comercialización en fresco a través de venda directa nas instalacións da explotación. Grazas aos apoios autonómicos este proxecto, ademais de botar a andar, xerará dous postos de traballo femininos: o da promotora (por conta propia) e o dunha comercial (indefinido por conta allea).

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitaba na mañá deste 8 de novembro esta iniciativa empresarial trivesa. A representante do Executivo galego explicou que das 26 iniciativas empresariais beneficiadas en Ourense por estas axudas, 25 se corresponden coa liña ‘Emprende’ destinada á promoción da posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego por conta propia e allea, e unha delas, ademais, tamén obtivo a axuda complementaria da liña ‘Concilia’, dirixida a promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Por último, un dos proxectos ourensáns acolleuse ás achegas da liña ‘Activa’ para favorecer a reactivación e consolidación de empresas a través de medidas de renovación ampliación ou cambio de localización dirixidas a paliar unha situación económica adversa.

 

 

Nesta convocatoria na provincia de Ourense ningún proxecto optou ás axudas das restantes liñas do programa que son a ‘Innova’, para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; e a ‘ITEF’, para incentivar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres.

As 26 iniciativas beneficiadas están emprazadas en 17 concellos ourensáns: Barbadas (2), Barco de Valdeorras, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Cenlle, Maceda, Ourense (7), Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pobra de Trives, Ribadavia, A Rúa (2), San Amaro, Taboadela, Verín (2), e Vilar de Santos.

Entre os proxectos apoiados figuran negocios relacionados coa hostalería, comercio, xoiería, estética e perruquería, podoloxía, farmacia, zapataría, centro de día, formación, fisioterapia, deseño gráfico, ilustración e banda deseñada, servizos de aloxamento web ou atención infantil.

 

Artigos relacionados

Back to top button