OurenseÚltima hora

Showcooking con Héctor López de Grupo Nove, mañá na Praza de Abastos

Comezará ás 11 horas na entrada principal do mercado e xirará en torno á elaboración de receitas con sobras de comida
O Chef Héctor López de Grupo Nove.
O Chef Héctor López de Grupo Nove.

Croquetas líquidas de cocido ou polbo con emulsión de pataca e pementón , son algunhas das receitas que o Chef Héctor López (de Grupo Nove que engloba a cociñeiros de vangarda con 9 estrelas Michelin e 18 soles Repsol) elaborá no showcooking previsto para mañá, martes 22 de novembro, na Praza de Abastos de Ourense.

Esta actividade enmárcase na semana europea de prevención de residuos, e contará cun posto informativo dende as dez da mañá no andar de pescaderías para “concienciar sobre a importancia de reutilizar”, explican dende a Praza.

O showcooking comezará ás once da mañá na entrada principal do mercado e xirará en torno á elaboración de receitas con sobras de comida. A xornada pecharase con actividades no posto de información a partires das 12h.

Tal como explican dende a Praza de Abastos de Ourense, este acto será o punto de partida para a campaña de Nadal coa que “espérase superar o anterior exercicio, no que xa se notou unha recuperación con respecto a anos anteriores”.

Artigos relacionados

Back to top button