ConcellosÚltima hora

Sicixia chega á Rúa esta fin de semana

O director, Ignacio Vilar, asistirá ao primeiro pase previsto para mañá ás 19 horas no Centro Cultural Avenida
Cartaz de Sicixia.
Cartaz de Sicixia.

Despois de percorrer varios festivais e da estrea oficial o pasado 25 de novembro, a nova película do director valdeorrés Ignacio Vilar chega esta fin de semana á Rúa.

Sicixia (paseo polo amor e a costa da morte), un filme cen por cen galego protagonizado por Monti Castiñeiras e Marta Lado, proxectarase no Centro Cultural Avenida en seis sesións ao longo da ponte da Constitución: mañá sábado 3 de decembro ás 19h; o domingo día 4 ás 21h; o martes día 6 ás 19h; o xoves día 8 ás 19h; o sábado día 10 ás 19h; e o domingo día 11 ás 19h.

Ademais, o pase de mañá sábado, contará coa presenza do director do filme, Ignacio Vilar, e da directora de produción, Laura Fernández. Ás 18:30 horas haberá photocall e presentación na sala e despois do pase, en torno ás 20:45 horas participarán nun coloquio sobre a película cos espectadores.

Artigos relacionados

Back to top button