DeportesEn portadaÚltima hora

O Sil galardoado na categoría de “Mellor labor informativo” nos Premios Deporte Galego

A Secretaría Xeral para o Deporte entregará os premios o xoves 21 de decembro na Coruña

O traballo do Periódico O Sil foi recoñecido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, que vén de facer pública a lista dos galardoados cos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías. O Sil foi galardoado co premio ao “Mellor labor informativo” e entre os premiados están tamén o piraguista olímpico Cristian Toro como “Mellor deportista maculino”, a Vuelta Ciclista a España como “Mellor evento deportivo”, ou o CEIP Curros Enríquez de Celanova que recibiu o “Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa”.

Baixo estas liña podemos ver algunhas das portadas de O Sil Deportivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button