CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil pon rumbo a Porto (Portugal) para a súa primeira actuación internacional

A agrupación valdeorresa actúa esta fin de semana na Universidade Portucalense Infante D. Henrique
Son do Sil nas Festas de Santiago Apóstolo, en Petín. /Foto: Mónica G. Bellver.

Dende O Barco, A Veiga ou Petín, ata Trives, O Trigal (Carballeda de Valdeorras), Pontevedra, Zamora ou Benavente. Dende a presentación do seu disco “10 años contigo”, Son do Sil leva actuado dentro e fóra da comarca, presentando os temas que conforman ese segundo traballo de estudo que resume os dez anos de vida da agrupación músico-vogal.

A xira está a piques de rematar pero antes, teñen prevista a que será a súa primeira actuación internacional. Será en Porto (Portugal) mañá sábado 7 de outubro a partires das 23 horas, na Universidade Portucalense Infante D. Henrique. De feito, xa están de camiño para participar nun festival xunto a varias agrupacións portuguesas e outra española. Entre as cancións que teñen previsto interpretar hai temas do novo disco como Can’t help falling in love, Galicia docemente, Semilla negra ou María la portuguesa, e algunha que outra sorpresa.

Artigos relacionados

Back to top button