En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Sil recibe a distinción “ao mellor labor informativo” nos Premios Deporte Galego

O presidente da Xunta, que presidía o acto, resaltaba que o papel inspirador do deporte non sería posible sen o labor informativo de medios de comunicación como o xornal O Sil

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollía na tarde do 21 de decembro o acto de entrega dos Premios do Deporte Galego que outorga a Secretaría Xeral para o Deporte. Entre os galardonados nesta edición está o O Sil Deportivo na categoría de “mellor labor informativo”.

O director do Periódico O Sil, Carlos García, recollía o premio de mans do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva.

Estes galardóns recoñecen os méritos deportivos do ano 2016, e distinguen este ano 17 categorías. Entre os premiados están tamén o piragüista olímpico Cristian Toro como “Mellor deportista maculino”, a Vuelta Ciclista a España como “Mellor evento deportivo”, ou o CEIP Curros Enríquez de Celanova que recibiu o “Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa”.

Ao acto asistían, entre outras autoridades a secretaria xeral para o Deporte, a ourensá Marta Míguez, así como o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, quen na súa intervención destacaba o papel esencial dos deportistas na difusión dun dos valores que fan grande Galicia: a superación. Ademais resaltou que o papel inspirador do deporte non sería posible sen o labor informativo de medios de comunicación como o xornal O Sil.

Fotos: Carlos Asensio, agás a última imaxe da galería.

Artigos relacionados

Back to top button