Galerías de fotosÚltima hora

Silvia Salgado presenta a súa nova novela “La aldea” na Biblioteca de Verín

Ademais esta instalación cultural adicáballe esta primeira semana de outubro aos maiores con actos como unha conferencia de Miguel Losada

 

Carlota, unha arquitecta separada, cun fillo adolescente e que decide darlle un xiro á súa vida, é a protagonista do último libro de Silvia Salgado. Trátase da novela “La aldea”, que a autora presentaba na tarde do 4 de outubro na Biblioteca Municipal de Verín, nun acto no que estivo acompañada pola concelleira de Turismo, Purificación Caldelas.

Semana adicada aos maiores

Por outra banda, na tarde do 1 de outubro, e dentro da semana adicada na Biblioteca de Verín “aos nosos maiores”, tiña lugar una conferencia de Miguel Losada titulada “De vello gaiteiro… O espazo social das persoas maiores na Galicia hoxe”, na que se poñía de manifesto a sociedade existente hoxe no contexto galego. Dende a biblioteca agradecíase “a colaboración, unha vez máis, de Miguel Losada, de xeito totalmente desinteresado”.

 

Miguel Losada impartindo a conferencia na Biblioteca de Verín.

 

Fotos: Biblioteca Municipal de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button