En portadaGalerías de fotosÚltima hora

“Simplemente xente”, un recital de retratos triveses da man de Carlos Temes

Esta exposición inaugurábase na tarde do 22 de decembro na sala de exposicións de Santa Leonor

Ata o vindeiro 10 de xaneiro a sala de exposicións de Santa Leonor en Trives acollerá a exposición “Simplemente xente” de Carlos Temes. Trátase dunha colección de retratos formada por 40 fotografías, 39 delas a cor e unha en branco negro. Nela percorre os rostros, miradas e expresións doutras tantas persoas da comarca, tanto nenos de curta idade como maiores.

A mostra inaugurábase na tarde do 22 de decembro cunha notable asistencia de persoas, moitas das cales buscaban a súa imaxe entre as imaxes expostas. Esta é a primeira vez que Carlos Temes, afeccionado dende neno á fotografía, organiza no seu pobo e amosábase moi contento e agradecido pola resposta da xente ante ao seu traballo.

Ademais, a exposición complétase cunhas 60 imaxes de recunchos da zona trivesa. Hai rúas da vila, tamén casas antigas, así como pontes, elementos pétreos e diversas paisaxes naturais, que gustaban tamén moito ao público.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button