En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Simulacro de emerxencia no Hospital Comarcal Valdeorras

Tiña lugar na mañá do 15 de decembro e nel participaban, xunto co persoal do centro, as distintas forzas e corpos de seguridade, como Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, GES e bombeiros

Sons de sereas e chegada de vehículos de bombeiros, e tamén das forzas e corpos de seguridade. As persoas que se aproximaban ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, ás 11h. da mañá do 15 de decembro ficaban sorprendidas ante o movemento de medios de emerxencia que se despregaba no centro hospitalario. Parecía unha situación real, pero en realidade era un simulacro de resposta a un suposto incendio dentro das instalacións sanitarias.

“A iniciativa forma parte do Plano de Autoprotección do centro e seu obxectivo e promover o coñecemento das funcións de cada profesional, ante unha situación de emerxencia, mellorando súa preparación de cara a unha incidencia real, ademais de para mellorar o propio plano de autoprotección en función dos resultados do simulacro”, explican dende o Sergas. O simulacro comezaba coa simulación de activación da alarma de incendios e duraba preto dunha hora.

Nela participaban, xunto co persoal do propio hospital, as distintas forzas e corpos de seguridade, como Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, GES de Valdeorras e bombeiros do parque comarcal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button