Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Simulacro de incendio no Hospital Comarcal Valdeorras

Un simulacro de resposta a un suposto incendio sorprendía aos usuarios do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco, na mañá do 20 de decembro. Ata este centro sanitario desprazábanse vehículos de bombeiros e das forzas e corpos de seguridade.

Así nesta intervención participaban a Policía Local, Protección Civil, Garda Civil, GES de Valdeorras e bombeiros de Valdeorras. Para levar a cabo o simulacro tamén foi necesario cortar ao tráfico a avenida barquense Eulogio Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button