ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Simulacro de incendio no IES Cosme López da Rúa

A actuación enmárcase no plan de emerxencia e evacuación deseñada polo instituto rues

Un suposto incendio, orixinado no laboratorio de Química, deu lugar ao simulacro que o IES Cosme López Rodríguez da Rúa acollía na mañá do 25 de maio.

Ubicado na zona norte da segunda planta, o suposto lume era descuberto por un profesor que pasaba pola zona e, inmediatamente, daba aviso á xefa de emerxencias e directora do centro, Mª Rosario Alonso Casas. Tras, presuntamente, evaluar as dimensións do incidente, a responsable do instituto rues daba aviso aos servizos de emerxencia (112) e, xunto co xefe de intervención, Gabino Fariñas e o equipo de alarma e evacuación, organizábase a evacuación en torno ás 11:30 horas.

Tal como explican dende o centro, o simulacro resultou todo un éxito, xa que alumnos, profesores e personal non docente, un total de 241 personas, conseguiron abandonar ordenadamente as instalacións e situarse a salvo en catro minutos, tras os cales chegaron os servicios de emerxencia encabezados polos Bombeiros, Policía Local e Protección Civil. Unha vez comprobaron que estaba garantizada a seguridade no recinto, os integrantes da comunidade educativa volveron ás aulas para proseguir as clases con normalidade durante o resto da xornada escolar.

Esta actuación enmárcase no plan de emerxencia e evacuación deseñada polo IES Cosme López Rodríguez e o seu obxectivo é “ensaiar, corrixir e coordinar as accións dos distintos axentes afectados en caso de producirse un incidente real”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button