ConcellosÚltima hora

Simulacro de rescate en telesilla na estación de Manzaneda

Un dos momentos do simulacro realizado na Estación de montaña Juan M. Gonzalez. Manzaneda./ Foto: Juan M. González.
Un dos momentos do simulacro realizado na Estación de montaña Juan M. Gonzalez. Manzaneda./ Foto: Juan M. González.

As instalacións da Estación de Montaña de Manzaneda convertíanse o 2 de novembro en escenario dun simulacro de rescate. Esta actuación, promovida por Oca Nova Manzaneda, tiña lugar no telesilla. Foi realizada polo persoal da propia estación baixo a supervision do enxeñeiro de I+C, Gustavo Samartín (Conselleiro Delegado ), e do alcalde de Manzaneda, David Rodríguez.

No simulacro tamén participaba o Equipo de Montaña da Civil de Trives./ Foto: Juan M. González.
No simulacro tamén participaba o Equipo de Montaña da Civil de Trives./ Foto: Juan M. González.

Neste simulacro tamén participaba o equipo da Garda Civil de Montaña do Posto de A Pobra de Trives e estiveron presentes como convidados, por primeira vez, os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. Ademais de seguir o simulacro de rescate como observadores, tamén participaban como rescatados.

Os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda acudiron como observadores./ Foto: Juan M. González.
Os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda acudiron como observadores./ Foto: Juan M. González.

 

Para Protección Civil de Manzaneda resultou “unha interesante xornada para a formación dos voluntarios e para o currículum do bo facer da agrupación en aras de dar o mellor de seu nunha posible emerxencia ou incidente no funcionamento do telesilla”, segundo aseguran.

Os vídeos do simulacro poden verse no seguinte enderezo:
http://proteccioncivilmanzaneda.tk/

Artigos relacionados

Back to top button