En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Simulacro de rescate na Estación de Montaña de Manzaneda

Ademais do persoal deste complexo, participaban o equipo de montaña da Garda Civil de Trives e Protección Civil de Manzaneda

No marco dos preparativos da nova tempada, os remontes da Estacion de montaña Oca Nova Manzaneda convertíanse en escenario dun simulacro de salvamento. “Trátase dunha acción programada na que un equipo de especialistas se deslizan asegurados mediante arneses polo cable do remonte para acceder ás sillas onde se encontran os usuarios aos que evacuar, nunha suposta situación de emerxencia na que o propio telesilla non poda ser operado mediante o motor principal, nin o de emerxencia”, tal e como se informa dende esta estación de montaña, a única existente en Galicia.

Nesta actuación participaban, ademais do personal da estación, o equipo de montaña da Garda Civil de Trives e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda. O simulacro contaba ademais coa supervisión do responsable técnico Remigio Sánchez e da enxeñeira Susana Fernández, ambos da empresa F&R TecnoConsult, así como do director da estación, Gustavo Samartín.

Con esta intervención complétanse os traballos de preparación da nova tempada “en espera de que a neve faga a súa aparición, mentres tanto a estación está aberta para uso turístico”, indican dende este complexo.

Fotos: Estación de Montaña de Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button