SanidadeÚltima hora

Simulacro de vacinación do Covid nunha residencia da área de Santiago

Sanidade comezará mañá a campaña de vacinación tamén nesta mesma área sanitaria galega

Simulacro de vacinación nunha residencia sociosanitaria de Santiago.

 

Na mañá deste 26 de decembro a Consellería de Sanidade realizaba un simulacro de vacinación fronte ao Covid-19 nunha residencia sociosanitaria da área de Santiago. O simulacro empezou coa recepción das vacinas no almacén e, despois, na residencia sociosanitaria. Comprobouse, tamén, o funcionamento do dispositivo do rexistro do control da temperatura de cada dose.

O simulacro consistiu, así mesmo, no proceso de preparación das doses para administrar e o comezo da vacinación dos residentes, unha persoa cada cinco minutos na sala de vacinación.

Vacinación mañá domingo

Mañá domingo iniciarse en Galicia a campaña de vacinación do Covid-19, nunha residencia sociosanitaria da área de Santiago de Compostela. O Ministerio de Sanidade fará un envío inicial de 500 doses.

A segunda entrega de doses para Galicia chegará o luns, cunha cantidade aproximada de 18.000 novas doses. “Con todo, estas doses non poderán empregarse até a xornada do martes, debido aos prazos que precisa a vacina para desconxelarse, e así poder subministrala”, matiza a Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button