ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Simulacros e obradoiros prácticos no broche do Congreso Galego de Neve e Montaña

Este foro celebrábase na Estación de Montaña de Manzaneda na fin de semana do 9 e 10 de abril

 

Tras as sesións de conferencias que se desenvolvían o sábado 9 de abril na Estación de Montaña de Manzaneda, o I Congreso Galego de Neve e Montaña “As Emerxencias en zonas agrestes” adquiría un carácter puramente práctico na xornada do 10 de abril cunha serie de obradoiros, simulacros e demostracións.

En total realizábanse, segundo a organización, un total de catro obradoiros: manexo de dispositivos de seguridade en neve (da man de Ulloa de Salvamento-La Escuela), nós útiles nos deportes de montaña (Tino Núñez), técnicas de inmobilización e traslado con recursos de fortuna (Protección Civil de Manzaneda) e mantemento de equipos de aire comprimido (Airbox-Vigo). Tamén tiñan lugar un simulacro de evacuación dun accidente nunha pista de esquí (Písters de Manzaneda) e outro de búsqueda con can de avalanchas (Cans de Rescate da Estrada), así como unha demostración do manexo do 4×4 do Volkswagen Amarok.

Dende a organización deste congreso (en mans do Concello de Manzaneda, AVPC de Manzaneda, xunto ao coordinador do mesmo Ulloa de Salvamento) manifestábase a súa gratitude “aos congresistas que participaron, entre os que se atopaban TES de Sevilla, GES de Castro Caldelas e A Gudiña, deportistas (A Pobra de Trives, Ourense), voluntarios de AVPC de Manzaneda, A Rúa, Maceda, A Estrada, respondables de Protección Civil e concelleiros, mergulladores, voluntarios e responsables de Cruz Vermella Verín e Ourense, pisters e  monitores de Oca Nova Manzaneda, entre outras persoas”.

Tamén expresaba o seu agradecemento “a todos os ponentes que ata a Estación de Montaña de Manzaneda, se achegaron para compartir a súa sabiduría e experiencia altruista ou profesional con todos/as os/as participantes e aos pister da estación (Alberto e Aleja). E non quere esquecerse a organización de achegarlle a súa gratitude a todos os colaboradores e expositores, que fixeron posible que se puidese levar a cabo este congreso, dígase a Axencia Turismo de Galicia, Oca Nova Manzaneda,  Airbox de Vigo, Peycar de Pontevedra, Codisoil medio ambiente, Concesionario Wolkswagen Yañez de Santiago de Compostela, Cruz Roja Ourense, Unidade Canina de Rescate de Protección Civil de A Estrada”, entre outros.

 

Fotos: Clemente Pérez Arias

 

 

Artigos relacionados

Back to top button