EconomíaEconomíaÚltima hora

Simulacros de emerxencias na primeira xornada de Previsel, en Expourense

A 13ª edición do Salón da Prevención e Seguridade Laboral ofrece 45 actividades formativas

Na mañá do 11 de abril abría as portas en Expourense a 13ª edición do Salón da Prevención e Seguridade Laboral, Previsel, cuxo obxectivo é “impartir formación especializada para consolidar a cultura da prevención tanto nas empresas como na sociedade en xeral.

Asesorar, formar e informar, son os eixes sobre os que versa a actividade da trintena de entidades que participan como expositoras en Previsel 2018, que conseguíu a participación activa da Administración, das empresas, de asociacións sectorias, sindicatos, colexios profesionais, mutuas e os servizos de prevención, seguridade e emerxencias.

Entre as impartidas durante a primeira xornada destacaron os dous simulacros de accidente nos que participaron distintos servizos de emerxencias. O primeira foi a excarcelación en accidentes de tráfico organizado por Bombeiros de Ourense e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao. O segundo foi un obradoiro de organización dos distintos servizos de emerxencia nun incidente con múltiples vítimas, que rematou coa participación do helicóptero do 061.

A prevención de accidentes nos traballos que se desenvolven en altura foi outra das actividades que centraron esta primeira xornada, organizada polo ISSGA, cunha parte teórica pola mañá coa asistencia de máis de 150 persoas e obradoiro práctico pola tarde. Ademais, durante esta primera xornada tamén se celebraron dúas accións organizadas polos sindicatos CIG e CC.OO., entre oturas.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor presidirá a clausura de Previsel, mañá 12 de abrio ás 13:30h.

Artigos relacionados

Back to top button