OurenseÚltima hora

Sinatura de 48 convenios de colaboración entre a Deputación e os concellos da provincia

No caso do oriente ourensán eran seis os concellos asinantes: Rubiá, Petín, Vilamartín, Trives, A Mezquita e Chandrexa de Queixa
Os alcaldes co presidente da Deputación, durante o acto.

Un total de 33 alcaldes ourensáns asinaban na mañá do 12 de xuño 48 convenios de colaboración coa Deputación de Ourense para levar a cabo obras de melloras viarias, saneamento, alumeado público, abastecemento, dotación de servizos e diferentes infraestruturas no rural ourensán, por importe de máis de dous millóns de euros (2.045.305 €).

No acto, que tivo lugar no centro cultural “Marcos Valcárcel”, o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, agradeceu aos rexedores presentes “o labor que realizan nos concellos, o seu traballo e compromiso representando aos seus veciños”, e destacou que a Deputación de Ourense, “está atenta ás reivindicacións das corporacións locais da provincia, e é a única administración que inviste en todos os concellos”.

A sinatura destes convenios, dicía, amosa “o compromiso da Deputación de Ourense, unha aliada dos concellos”. Tamén anunciaba Baltar que o vindeiro 28 de setembro “aprobaremos o orzamentos da Deputación de Ourense para o ano 2019 coas achegas que nos fagan chegar”.

Os concellos asinantes destes acordos son: A Peroxa, A Bola, A Mezquita, Arnoia, Baltar, Cartelle, Celanova, Chandrexa de Queixa (48.000 euros para unha actuación en Villaceleiros), Gomesende, Laza, Lobeira, Maceda, Melón, Montederramo, Monterrei, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Padrenda, Petín (48.000 euros para a mellora e acondicionamento da contorna do Telecentro de Freixido), Piñor, Pobra de Trives (48.000 euros para unha intervención na rúa San Martín), Rairiz de Veiga, Ramirás, Rubiá (48.000 euros para as beirarrúas na rúa das Poulas), San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sarreaus, Toén, Verea, Vilamartín de Valdeorras (48.000 euros para vías municipais en Cernego e Correxais no 2018 e 2019), Vilar de Santos e Vilardevós.

Artigos relacionados

Back to top button