ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sinatura dos convenios de Áreas de rexenaración e renovación urbana

Entre os municipios que rubricaban o acordo o 14 de marzo estaban os de Ourense, Verín, Ribadavia ou Sober

Varios concellos galegos asinaban o 14 de marzo co Ministerio de Fomento e coa Xunta os convenios de Áreas de rexeneración e renovación urbana. Son un total de 26 acordos para a rehabilitación de 454 vivendas en 19 municipios de Galicia cunha aportación por parte de Fomento superior a 3,2 millóns de euros. Entre os municipios asinantes estaban os de Ourense, Verín, Ribadavia ou Sober.

Este acordo inclúese no Plan Estatal de Fomento do aluguer de Vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneracióne renovación urbanas suscrito coa Xunta de Galicia e polo que o Ministerio aportará un total de 128,3 millóns de euros ata o 2016.

No acto participaban ademais dos alcaldes destes concellos, a ministra de Fomento, Ana Pastor, o presidente da Xunta, Alberto Núñez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button