CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“Singularfemme”, onde a arte fala de igualdade

Esta exposición, promovida por alumnos e profesores do IES Francisco Asorey de Cambados, entre os que está o valdeorrés Chere, poderá visitarse en ExpoSalnés a partir do 8 de xuño

 

Cartel da exposición.

 

Poñer en valor a igualdade de xénero. É un dos obxectivos que se marcaba neste curso a comunidade educativa de alumn@s e profesor@s do IES Francisco Asorey de Cambados (Pontevedra), onde imparte clases o artista valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”.

Froito dese reto ían xurdindo diversas actividades como a “Parede da Igualdade” ou o “Mural da Educación para a Paz” creadas por Chere, e que agora culminan cunha exposición moi especial: “Singularfemme”. Nela colabora o alumnado e profesorado do centro, ademais de “artistas amigos aos cales agradecemos a súa colaboración, que agranda aínda máis a calidade artística da mostra”, din dende este centro de ensino.

Nesta exposición poden verse obras que van dende a fotografía e a pintura, ata a escultura ou a música. “A linguaxe artística fala hoxe de Muller e Igualdade”, aseguran dende o IES. O cartel da mostra é obra de Gemma Pérez Feijóo.

 

O artista valdeorrés Chere, elaborando un mural./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button