OurenseÚltima hora

A sinistralidade viaria da provincia, en descenso

A Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial presenta o balance de sinistralidade do 2015
Un dos momentos da reunión celebrada na Subdelegación de Ourense.
Un dos momentos da reunión celebrada na Subdelegación de Ourense.

No ano 2015 producíronse na provincia de Ourense 9 accidentes mortais nos que perderon a vida 9 persoas, o que supón 9 falecidos menos que no 2014. É un dos datos que se desprende do balance de sinistralidade viaria correspondente ao 2015 que vén de facer público a Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial. Esta comisión reuníase na mañá do 16 de marzo presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro.

Neste encontro o xefe provincial de Tráfico de Ourense, David Llorente, presentaba as estatísticas de sinistralidade viaria correspondente ao 2015, que ten sido o mellor ano en canto a falecidos e feridos graves por accidentes de tráfico dende que hai datos sobre a materia.

Así, segundo se informa dende a Subdelegación, “distribuído por áreas, en zona urbana rexistráronse 2 falecidos (igual número que en 2014). En estrada as cifras ascenderon a 7 falecidos (9 menos que no 2014). O número de feridos graves foi de 80. Tampouco se detectou a existencia de puntos negros nas estradas da provincia en 2015 e no que vai de 2016, entendendo como punto negro aquel tramo de non máis de 100 metros de lonxitude con alomenos 3 accidentes diferentes con feridos ou mortos nun ano”.

Ademais no pasado 2015 foron detraídos máis 26.000 puntos do carné, 5.000 menos que no 2014 e o número máis baixo dende que existe permiso por puntos (01/07/2006), “o que demostra un cambio de tendencias ao voante posto que os controis e as diferentes probas non descenderon”, segundo a Subdelegación de Ourense.

A comisión foi presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense.
A comisión foi presidida polo subdelegado do Goberno en Ourense.

A Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade da Circulación Vial está integrada por representantes das administraciones Central (Subdelegación del Gobierno, Dirección General de Tráfico, Guardia Civil de Tráfico, Demarcación de Carreteras del Estado y Protección Civil), Autonómica (Consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Traballo e Benestar e Sanidade), Local (Fegamp) e Deputación Provincial. Nesta xuntanza abordábanse asemade as novas medidas postas en marcha este ano en materia de seguridade vial na provincia por parte de todos os organismos referenciados.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close