ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Soan os bombos e as aixadas en Carracedo da Serra

Esta localidade da Gudiña recibía a visita carnavalesca dos folións dos Labregos (Trives) e de Fradelo (Viana)

A tradición manda e non importa o mal tempo nin a chuvia. Na tardiña do sábado 9 de febreiro a localidade de Carracedo da Serra (A Gudiña) recibía a visita de varios folións da parte oriental da provincia. En concreto, o dos Labregos (Trives) e o de Fradelo (Viana do Bolo).

Os folións visitantes e tamén o do propio pobo, daban unha ronda polas rúas ata a praza, onde tocaban todos xuntos. De seguido, o pobo anfitrión ofrecía unha merenda aos visitantes. Nos vindeiros días o folión de Carracedo devolverá esta visita indo tocar a Trives e a Fradelo.

Fotos cedidas polo Folión Os Labregos.

 

Artigos relacionados

Back to top button