En portadaÚltima hora

Soben a 1.474 os casos activos por Covid na provincia, 123 máis que onte

No Hospital Público Valdeorras hai 2 pacientes ingresados en planta

Material para realizar un test rápido. /Foto: Mónica G. Bellver

 

Seguen subindo as cifras do coronavirus na provincia. Así, segundo a última actualización da Consellería de Sanidade, na xornada deste sábado 10 de outubro hai 1.474 casos activos de Covid-19 na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras,123 máis que onte. Dese conxunto de pacientes, 55 están ingresados en planta e 10 na Unidade de Coidados Intensivos. Os 1.409 restantes permanecen a seguemento a domicilio.

O Hospital Universitario de Ourense rexistra 45 ingresos en planta e 9 en UCI, mentres que no Hospital de Verín son 8 os ingresos en planta. O Hospital de Valdeorras conta con 2 ingresados en planta. Ademais o Centro Médico El Carmen continúa con 1 paciente en UCI.

O total de contaxiados por Covid rexistrados na provincia ascende a 4.660, con 3.020 curados e 166 falecementos. Polo de agora lévanse realizado na provincia 70.245 probas PCR, con 191 positivos detectados nas últimas 24 horas. Tamén se levan realizado 59.641 probas serolóxicas.

Artigos relacionados

Back to top button