ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Soben a 10 os casos activos de Covid en Trives, 2 máis que onte

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nova xornada de ascenso nos casos activos na área do PAC de Trives, segundo os datos comunicados aos concello polo Sergas e actualizados ás 18h. do 23 de xullo. O municipio de Trives rexistra 10 positivos, o que supón 2 máis que onte, mentres que Manzaneda continúa con 3 casos activos (a mesma cifra de onte). Isto supón un total de 13 positivos na área deste PAC xa que, polo de agora, San Xoán de Río está libre de virus.

“Insistimos na prevención, na adopción de medidas preventivas. O virus segue entre nós é só o erradicamos cando todos mantemos a máxima das prudencias. É posible que nos vindeiros días incremente o número de afectados, estanse a realizar as probas aos contactos é nada e descartável”, destacan dende o Concello da Pobra de Trives.

Así mesmo, dende esta administración local aclárase que estes datos de positivos “non inclúen a persoas que non teñan o médico neste PAC nin a estación de montaña”.

Artigos relacionados

Back to top button