En portadaÚltima hora

Soben a 10 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, 1 máis que onte

 

Tendencia ascendente no número de ingresos por Covid na provincia. Así, segundo os datos publicados hoxe pola Consellería de Sanidade, o centro valdeorrés rexistra 10 ingresos en planta, o que supón un máis que onte.

O Hospital de Verín rexistra 6 ingresos (1 máis que onte) e o Hospital de Ourense 73 (2 máis que onte) en planta e 16 (1 máis que onte) na UCI. Ademais a Clínica Santa Teresa ten dous ingresos en planta.

Sen embargo, continúa o descenso de casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Segundo a última actualización de Sanidade (ás 18h. do 5 de novembro), rexistra 1.131 casos activos, o que supón 21 menos que onte. Deles, 91 están hospitalizados en planta (4 máis que onte) e 16 en UCI (1 máis que onte). Tamén se aprecia un lixeiro incremento nos novos casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, un total de 60 (fronte aos 45 de onte).

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 6.711, con 5.331 curados e 248 falecidos. Polo de agora lévanse realizado 98.668 probas PCR.

10.196 casos activos de Covid en Galicia

Galicia chega aos 10.196 casos activos nesta xornada, 301 máis que onte. Deles 1.831 son da área da Coruña, 1.109 da de Lugo, 1.131 da de Ourense, 1.194 da de Pontevedra, 2.475 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 85 están en UCI, 508 en unidades de hospitalización e 9.603 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.376 persoas curadas, rexistrándose 969 falecementos. O número de PCR realizadas é de 730.777.

Artigos relacionados

Back to top button