A RúaConcellosÚltima hora

Soben a 10 os positivos de Covid-19 na Rúa, tres máis que onte

Vista parcial da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Nova repunta nos casos activos de coronavirus no municipio da Rúa que na xornada deste martes 26 de xaneiro conta con 10 positivos, tres máis que os rexistrados onte, segundo os últimos datos facilitados dende a Consellería de Sanidade ao Concello.

No que respecta ao número de novos casos de Covid-19 diagnosticados na Rúa nos últimos 14 días, continúan entre 1 e 9. A incidencia acumulada para o concello tamén se manténnos niveis de onte, entre >150 e ≤250 hoxe, segundo o Sergas.

 

Artigos relacionados

Back to top button