En portadaÚltima hora

Soben a 11 os casos activos de Covid en Valdeorras

Praza do Concello do Barco./ Foto: A.R.

 

Tendencia á alza nas cifras de casos activos de Covid en Valdeorras. Neste mércores de 7 xullo son 11 positivos os rexistrados na comarca, 6 máis que onte. No referente ao Barco, son 8 os casos, o que supón 4 máis que onte, segundo os datos do Sergas. Ademais o concello de Rubiá, que onte tiña  1 positivo agora contabiliza 2.

Así mesmo, o concello da Veiga, que ata agora estaba libre de virus, ten 1 positivo. O resto de municipios continúan libres de virus.

Non se rexistran ingresos no Hospital Público de Valdeorras. Na provincia son 3 as hospitalizacións en planta, todas elas no Hospital Universitario de Ourense, 1 menos que onte.

399 casos activos na provincia

Onde si está producindo un incremento importante de casos é na provincia, con cifras que segundo os últimos datos (actualizados ás 18h. do 6 de xullo) ascenden a 399 positivos, 68 máis que onte. Dese total, 232 están no concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button