ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 12 os positivos en centros educativos de Valdeorras

IES Lauro Olmo do Barco.

 

Tras a tendencia á baixa dos últimos días, volven subir, aínda que lixeiramente, os casos activos de Covid nos centros de ensino da comarca de Valdeorras. Son un total de 12, o que supón 2 máis que os comunicados onte pola Xunta de Galicia.

Así, rexístrase un positivo no IES Lauro Olmo do Barco, que levaba varios días libre de virus, e aparece un positivo no CEIP do Bolo. Ademais hai un novo caso no IES Martaguisela do Barco, agora con 2 positivos. Por outra parte, tamén no Barco, na Escola Infantil Los Juglares baixan a 3 os positivos, mentres o Colexio Divina Pastora mantén un positivo e o CEIP Otero Pedrayo 2.

Así mesmo, o IES Cosme López da Rúa segue cun positivo e o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín outro.

Finalmente, o IES Carlos Casares de Viana do Bolo mantén 2 positivos.

 

Artigos relacionados

Back to top button