En portadaSanidadeÚltima hora

Soben a 13 os positivos de Covid en centros educativos do Barco

Exterior do CEIP Julio Gurriarán do Barco.

 

Increméntanse os positivos de Covid en centros de ensino no Barco. Segundo a información notificada pola Xunta de Galicia neste 2 de outubro, son un total de 13 os casos rexistrados. Así increméntanse no IES Lauro Olmo, que pasa de 1 a 3 positivos. “O primeiro caso que se detectou (comunicado onte pola Xunta) é o dun alumno que nin sequera chegou a incorporarse ao centro. E os dous novos casos son de estudantes que nesta semana xa non viñeron a clases, en canto se sentiron mal, non volveron ao instituto”, tal e como indican dende o IES Lauro Olmo.

Tamén soben os casos no CEIP Julio Gurriarán que pasa de 1 a 3 positivos. Trátase de alumnos que “xa levaban máis dunha semana sen asistir a clases, polo que Sanidade non aplica medidas extraordinarias, nin nas aulas nin no colexio”, tal e como indican dende o CEIP Julio Gurriarán.

No resto de centros escolares do Barco  mantéñense os mesmos datos: 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa (que ten unha aula pechada), 2 no CEIP Otero Pedrayo e 4 no Colexio Divina Pastora.

Tamén soben os casos nos centros do resto da provincia, nos que se contabilizan xa 92 positivos e 7 aulas pechadas. A maior parte correspóndense a centros da cidade de Ourense, con 58 casos.

Artigos relacionados

Back to top button