En portadaÚltima hora

Soben a 14 os casos de Covid na Área do PAC de Trives

Son tres positivos máis que os comunicados polos o 26 de outubro, segundo os concellos de Trives, Río e Manzaneda

Exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Área do PAC de Trives rexistra un total de 14 positivos por coronavirus, tal e como veñen de confirmar a través dun comunicado conxunto os Concellos de Trives, San Xoán de Río e Manzaneda. “Dende o último comunicado do 26/10/2020 temos 3 positivos máis en San Xoán de Río e o resto das probas tiveron resultado negativo”.

Ademais nese mesmo comunicado matizan que, “tras comunicacións recibidas dos afectados e contrastadas entre os alcaldes dos tres municipios e cos médicos do noso PAC, a esta hora a situación é de 14 positivos no PAC, que se reparten do seguinte xeito: 2 positivos do Centro de Saúde de San Xoán de Río, desprazados; 2 positivos do Centro de Saúde de San Xoán de Río, residentes en Río e con actividade en Trives; 1 positivo do Centro de Saúde de San Xoán de Río e residente en Río; 2 positivos do Centro de Saúde de San Xoán de Río, pero residentes na Pobra de Trives; 1 positivo do Centro de Saúde do Barco pero residente en Trives e con actividade en Manzaneda; 1 positivo do Centro de Saúde de Chandrexa de Queixa, pero residente na Pobra de Trives; 1 positivo dun Centro de Saúde de Ourense, pero residente na Pobra de Trives; 4 positivos do Centro de Saúde da Pobra de Trives e residentes na Pobra de Trives; un de eles con actividade tamén en Manzaneda, outro, ingresado arestora no Hospital comarcal”.

Dende os tres concellos insístese en “enviar unha mensaxe de tranquilidade e ánimo a toda a veciñanza e apelamos á responsabilidade individual, hoxe máis que nunca”. Nese senso, lémbrase a importancia de manter “a distancia social, hixiene de mans e uso de mascarilla”.

Tamén desexan “a pronta recuperación dos positivos e que os vindeiros resultados dos test PCR sexan negativos”.

Artigos relacionados

Back to top button
Close