ConcellosÚltima hora

Soben a 14 os positivos por Covid nos centros educativos de Valdeorras

O CEIP Manuel Respino da Rúa ten 2 casos activos e unha aula pechada

Fachada lateral do CEIP Manuel Respino da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O listado de casos activos de Covid-19 en centros educativos que a Xunta emitía neste mércores 21 de abril, inclúe un total de 14 positivos no caso dos de Valdeorras. Na Rúa, o CEIP Manuel Respino da Rúa ten 2 casos activos e 1 aula pechada; e en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) o CPI Tomás Terrón Mendaña continúa con 2 postivos.

Con respecto aos centros educativos do Barco de Valdorras, segundo os datos emitidos pola Xunta, o CEIP Condesa de Fenosa ten 6 positivos, e o IES Lauro Olmo, 2. O CEIP Julio Gurriarán continúa con 1 caso activo e entra no listado o CPR Divina Pastora con 1 positivo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button