SanidadeÚltima hora

Soben a 15 os casos activos de Covid na provincia de Ourense, 8 máis que onte

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.
Tendencia tamén crecente nos datos de Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son 15 os casos activos na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 8 máis que onte.
Segundo a última comunicación feita pública polo Sergas en Ourense, onte había tres persoas ingresadas na provincia por Covid, dúas no Hospital Universitario de Ourense e unha no de Verín, primeiro ingreso neste centro desde hai dous meses.
Neste venres a Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 280, deles 87 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, os 15 xa citados da de Ourense, 25 da de Pontevedra, 48 da área de Vigo, 23 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 12 en unidades de hospitalización e 267 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.272 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 250.012.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button