ConcellosO BarcoÚltima hora

Soben a 2 os ingresos por Covid 19 no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tamén no Hospital Público de Valdeorras soben os positivos de Covid con 2 ingresos na xornada deste venres 23 de xullo, 1 máis que onte, tal e como informa a Consellería de Sanidade (datos actualizados ás 18h. do 22 de xullo).

Deste xeito, todos os hospitais públicos da provincia teñen ingresos Covid. Ademais dos 2 no do Barco, hai un ingreso no Hospital de Verín en planta, e 47 (11 máis que onte) no Hospital de Ourense (1 deles en UCI). Tamén a Clínica Santa Teresa ten 1 ingreso por coronavirus en planta.

En total son 51 as hospitalizacións por Covid na provincia de Ourense, 13 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button