En portadaÚltima hora

Soben a 2 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras, a 11 no de Verín e a 83 no de Ourense

 

Nas últimas vense de rexistrar un incremento nos ingresos por coronavirus nos hospitais da provincia de Ourense. Así o Hospital Público de Valdeorras sobe a 2 ingresos (1 máis que nos datos de onte), segundo a Consellería de Sanidade.

Tamén se incrementan no Hospital de Verín que rexistra 11 ingresos (1 máis que onte) e no Hospital Universitario de Ourense con 83 ingresos (11 en UCI e 72 en planta). Ademais hai un ingreso en UCI na Centro Médico El Carmen e outro en planta na Clínica Santa Teresa.

Así a provincia rexistra 10 hospitalizacións máis en planta con respecto a onte e un paciente máis en UCI.

Máis información:
https://osil.info/baixan-os-casos-activos-de-covid-na-provincia-con-13-menos-que-onte/

Artigos relacionados

Back to top button