En portadaÚltima hora

Soben a 2 os ingresos por Covid no Hospital de Valdeorras

Entrada principal do Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Lixeira tendencia á alza nos positivos por Covid na comarca e tamén nos ingresos por este virus no Hospital Público de Valdeorras, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade neste mércores 1 de decembro, nos que figuran 2 ingresos en planta, un máis que onte.

No caso do Hospital Universitario de Ourense son 46 os ingresos por coronavirus (1 máis que onte), 41 deles en planta e 5 en coidados intensivos. O Hospital de Verín mantén 2 ingresos en planta e, tanto o Centro Médico del Carmen como a Clínica Santa Teresa, continúan con 1 ingreso cada un.

En total son 52 os ingresados na provincia de Ourense, 2 máis que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button