ManzanedaSan Xoán de RíoTrivesÚltima hora

Soben a 20 os casos activos de Covid na área do PAC de Trives

Publicidade
Entrada ao Centro de Saúde de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo incremento nos casos activos de Covid-19 na área do PAC de Trives. Segundo os datos comunicados polo Sergas aos concellos neste 30 de xullo, son 20 os positivos, o que supón 1 máis que onte.

A Pobra de Trives rexistra 15 positivos (a mesma cifra que onte), Manzaneda 4 positivos (os mesmos que onte), mentres San Xoán de Río, ata o de agora libre de virus, ten 1 positivo.

Dende o Concello de Trives asegúrase que se está á “espera de resultados das probas que se están a realizar aos contactos e hai tamén xente confinada. Como sempre, poñémonos a disposición de todos os veciños para todo o que precisen”.

Artigos relacionados

Back to top button